Agustín Fernández Paz

O seu libro ''O único que queda é o amor'' obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Premio Memorial Astrid Lindgren, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro ''O único que queda é o amor'' foi incluído na Lista de Honra da IBBY no 2010, como ocorrera tamén con ''Contos por palabras'' en 1992 e con ''Aire negro'' en 2002. Esta última novela, ''Aire negro'', foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou ''O meu nome é Skywalker'' en 2004. Provided by Wikipedia
-
1
-
2
-
3
-
4