Alberto Caeiro

Carta astral de Alberto Caeiro coas súas datas e lugar de nacemento Alberto Caeiro da Silva, nado en Lisboa en 1889 e finado na mesma cidade en 1915, foi o primeiro heterónimo creado polo poeta portugués Fernando Pessoa, considerado o "mestre inxenuo" dos heterónimos Álvaro de Campos e Ricardo Reis, así como do propio Pessoa. Segundo a biografía ideada polo autor, Caeiro foi pobre e apenas superou a educación primaria. A súa primeira e máis famosa obra é ''O Guardador de Rebanhos'', unha serie de 49 poemas principiada en 1914 e que continuou a editar até o seu pasamento en 1935. Como as obras de Pessoa en xeral, os poemas de Caeiro comezaron a recibir unha grande aclamación da crítica décadas despois da súa morte. A primeira colección dos poemas de Caeiro foi publicada en Portugal en 1946.

Caeiro foi unha figura moi ligada á natureza, ao tempo que desprezaba calquera tipo de pensamento filosófico, pois afirmaba que pensar obstrúe a visión. Ao pensarmos, entramos nun mundo complexo e problemático onde todo é incerto e escuro. Neste sentido, a súa poesía destaca pola súa obxectividade visual, que lembra a Cesário Verde, citado moitas veces nas súas pezas, polo seu uso do verso libre e dunha linguaxe simple e familiar. Poeta dunha completa simplicidade, consideraba que a sensación é a única realidade.

As súas obras máis recoñecidas son ''O Guardador de Rebanhos'', ''O Pastor Amoroso'' e ''Poemas Inconjuntos''. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 10 results of 10 for search 'Alberto Caeiro', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10