António Nobre

António Pereira Nobre, nado no Porto o 16 de agosto de 1867 e finado na Foz do Douro o 18 de marzo de 1900, máis coñecido como António Nobre, foi un poeta portugués cuxa obra se insere nas correntes ultra-romántica, simbolista, decadentista e saudosista (interesada no rexurdir dos valores patrios) da xeración finisecular do século XIX portugués. A súa principal obra, ''Só'' (París, 1892), está marcada pola lamentación e a nostalxia, imbuída de subxectivismo, mais simultaneamente suavizada pola presenza dun fío de auto-ironía e coa rotura coa estrutura formal do xénero poético en que se insere, traducida na utilización do discurso coloquial e na diversificación estrófica e rítmica dos poemas. A pesar de que a súa produción poética mostra unha clara influencia de Almeida Garrett e de Júlio Dinis, ela insérese decididamente no canon do simbolismo francés. A súa principal contribución para o simbolismo lusófono foi a introdución da alternáncia entre o vocabulário refinado dos simbolistas e outro máis coloquial, reflexo da súa infancia xunto do pobo norteño. Faleceu con só 32 anos de idade, tras unha prolongada loita contra a tuberculose pulmonar. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 47 for search 'António Nobre', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20