António Nunes Ribeiro Sanches

António Nunes Ribeiro Sanches, nado na freguesía de Penamacor, no 7 de marzo de 1699 e finado en París no 14 de outubro de 1783, foi un médico portugués, polímata, filósofo, pedagogo e historiador. Escribiu decenas de manuscritos, baixo a influencia da ''pedagoxía'' na época da Ilustración, dos cales só nove foron publicados en vida, a maioría dos cales permanecen nos arquivos. Foi, xunto a Benito Xerónimo Feijoo e Gregorio Mayans y Siscar, unha das figuras máis destacadas do Século das Luces na Península Ibérica.

En medicina, onde se distinguiu na venereoloxía, por iso tamén foi chamado ''doutor dos males de amor'', escribiu a petición de D'Alembert e Diderot para a ''Encyclopédie.'' O marqués de Pombal como secretario de Estado aproveitou boa parte dos seus coñecementos para pór en práctica a súa acción cultural e científica, na súa tarefa de modernización de Portugal. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 4 results of 4 for search 'António Nunes Ribeiro Sanches', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4