António Vieira

Unha das máis influentes personaxes do século XVII en termos da política e oratoria, destacouse como misioneiro en terras brasileiras. Nesta calidade, defendeu incansabelmente os dereitos dos pobos indíxenas combatendo a súa explotación e escravización e facendo a súa evanxelización. Era por eles chamado "''Paiaçu''" (Grande Padre/Pai, en tupí).
António Vieira defendeu os xudeus, a abolición da distinción entre cristiáns-novos (xudeus convertidos, perseguidos na época pola Inquisición) e cristiáns-vellos (os católicos tradicionais), e a abolición da escravitude. Criticou tamén severamente os sacerdotes da súa época e a propia Inquisición.
Na literatura, os seus sermóns posúen considerábel importancia no barroco brasileiro e portugués. Provided by Wikipedia
-
1
-
2
-
3
-
4
-
5
-
6
-
7
-
8
-
9
-
10
-
11
-
12
-
13
-
14
-
15
-
16
-
17
-
18
-
19
-
20