Anton Chekhov

[[Casa natal de Anton Chekhov Anton Pavlovich Chekhov (en ), nado en Taganrog (Rusia) o 29 de xaneiro de 1860 e finado en Badenweiler (Alemaña) o 14 ou 15 de xullo de 1904, foi un famoso escritor ruso, un dramaturgo e un mestre do conto moderno considerado un dos máis grandes escritores de todos os tempos. A súa carreira como dramaturgo produciu catro clásicos, e os seus mellores relatos son moi apreciados por escritores e críticos. Xunto con Henrik Ibsen e August Strindberg, Chekhov é frecuentemente referido como unha das tres figuras fundamentais do nacemento do primeiro modernismo no teatro. Chekhov era médico de profesión. "A medicina é a miña lexítima esposa", dixo unha vez, "e a literatura a miña amante".

Chekhov renunciou ao teatro tras a mala recepción de ''A gaivota'' (en ruso: Чайка, Txaika) en 1896, pero a obra foi reestreada con grande éxito en 1898 no Teatro de Arte de Moscova de Constantin Stanislavski, que posteriormente produciu tamén ''Tío Vania'' (ruso: Дядя Ваня – Dyadya Vanya) de Chekhov e estreou as súas dúas últimas obras, ''Tres irmás'' (en ruso: Три сeстры́, Tri sestry) e ''O xardín das cerdeiras'' (en ruso: Вишнëвый сад, Vishniovy sad). Estas catro obras supoñen un reto para o conxunto actoral así como ao público, porque en lugar da acción convencional Chekhov ofrece un "teatro do estado de ánimo" e unha "vida mergullada no texto". As obras que escribiu Chekhov non eran complexas, senón fáciles de seguir, e creaban unha atmosfera un tanto inquietante para o público.

Chekhov ao principio escribía contos para gañar diñeiro, pero a medida que crecía a súa ambición artística, introduciu innovacións formais que influíron na evolución do conto moderno. Non se desculpaba polas dificultades que isto expuña aos lectores, insistindo en que o papel dun artista era expor preguntas, non respondelas. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 21 for search 'Anton Tchekhov', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20