Cecília Meireles

Cecília Benevides de Carvalho Meireles, nada no Río de Xaneiro o 7 de novembro de 1901 e finada no mesmo lugar o 9 de novembro de 1964, foi unha xornalista, pintora, poeta, escritora e profesora brasileira. É un nome canónico das vangardas brasileiras, unha das grandes poetas da lingua portuguesa e é amplamente considerada a mellor poeta do Brasil. Combateu a palabra poetisa por considerala discriminación de xénero.

Viaxou polas Américas na década de 1940, visitando os Estados Unidos, México, a Arxentina, o Uruguai e Chile. No verán de 1940, deu palestras na Universidade de Texas en Austin. Escribiu dous poemas sobre o seu tempo na capital de Texas e un longo (800 liñas) poema socialmente consciente "EUA 1940", publicado postumamente. Como xornalista, as súas columnas (crónicas) concentrábanse máis na educación, mais tamén nas súas viaxes ao exterior no hemisferio occidental, Portugal, outras partes da Europa, Israel e a India (onde recibiu un doutoramento honorario).

Como poeta, o seu estilo era principalmente neosimbolista e os seus temas incluían o tempo efémero e a vida contemplativa. Aínda que non se preocupase coa cor local, o vernáculo nativo ou os experimentos en sintaxe (popular), ela é considerada un dos poetas máis importantes da segunda fase do modernismo brasileiro, coñecida polo vanguardismo nacionalista. Como profesora, fixo moito para promover reformas educativas e defendeu a construción de bibliotecas infantís. Entre 1935 e 1938, deu aulas na universidade de curta duración do distrito federal do Río de Xaneiro. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 20 for search 'Cecília Meireles', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
    por Virginia Woolf
    Publicado [D.L. 1962]
    Outros autores: ...trad. Cecília Meireles...
    Ver na biblioteca
  16. 16
  17. 17
    por Virginia Woolf
    Publicado 2011
    Outros autores: ...trad. Cecília Meireles...
    Ver na biblioteca
  18. 18
  19. 19
    Publicado imp.1944
    Outros autores: ...Sel. Pref. Cecília Meireles...
    Ver na biblioteca
  20. 20
    por Virgínia Woolf
    Publicado 2004
    Outros autores: ...trad. de Cecília Meireles...
    Ver na biblioteca