Egito Gonçalves
José Egito de Oliveira Gonçalves, máis coñecido como Egito Gonçalves, nado en Matosinhos o 8 de abril de 1920 e finado no Porto o 28 de xaneiro de 2001, foi un poeta, editor e tradutor portugués.Publicou os primeiros libros en 1950. Tivo como actividade profesional a administración dunha editora e tamén foi xefe do Despacho de Márketing dunha Compañía de Seguros.
A súa intensa actividade de divulgación cultural e literaria concretouse, a partir dos anos 50, na fundación e/ou dirección de diversas revistas literarias, como ''A Serpente'' (1951), ''Árvore'' (1951-53), ''Noticías do Bloqueio'' (1957-61), ''Plano'' (1965-68, publicada polo Cineclube do Porto) e ''Limiar''.
Participou en movementos antifascistas, no plano cultural e na política. Pertenceu ao M.U.D. e ás Comisións Nacional e Executiva do III Congreso de Aveiro, e desenvolveu actividades de animación cultural no Porto, tendo pertencido á dirección do Teatro Experimental do Porto, do Cineclube do Porto, da Cooperativa Árvore e da Associación de Jornalistas e Homens de Letras do Porto. Pertenceu tamén á Sociedade Portuguesa de Escritores, á Associación Portuguesa de Escritores, á Sociedade Portuguesa de Autores e o PEN Clube Portugués. Tamén ao "Congreso para a Liberdade da Cultura" (Francia) e á "Comunitá Europea degli Scrittori" (Italia). Foi membro da "Hispanic Society of America" (Nova York) e correspondente do "Centre International d'Études Poétiques" (Bélxica).
A súa obra encóntrase traducida ao francés, polaco, búlgaro, inglés, turco, romanés, catalán e castelán.
Faleceu en 2001, e o seu último libro, ''Entre Mim e a Minha Morte Há Ainda um Copo de Crepúsculo,'' foi editado cinco anos despois.
Coñecida polo seu cunho combativo e intencionalidade social, a poesía de Egito Gonçalves encontra moitas veces no diálogo e chamamento a un interlocutor non nomeado a situación comunicativa privilexiada para aludir de forma irónica ou diferida a contextos históricos, encontrando nesa mediación o distanciamento preciso para que a súa voz non ceda á expresión sentimental dun lirismo motivado por situacións tráxicas. Provided by Wikipedia
-
1
-
2
-
3
-
4
-
5
-
6
-
7
-
8
-
9
-
10
-
11
-
12
-
13
-
14
-
15
-
16
-
17
-
18
-
19
-
20