Elizabeth Gaskell

A autora en 1860. Elizabeth Cleghorn Gaskell, nada en Londres o 29 de setembro de 1810 e finada en Hampshire o 12 de novembro de 1865, foi unha novelista e escritora de relatos inglesa durante a época vitoriana. Foi así mesmo autora dunha destacada biografía de Charlotte Brontë. As súas novelas ofrecen un excelente retrato das vidas de moitos sectores sociais, e nalgúns casos foron levadas ao cinema ou á televisión, como sucede coa serie da BBC ''Cranford''. A súa primeira novela, ''Mary Barton'', publicouse en 1848. Algunhas das súas obras máis coñecidas son ''North and South'' (1854-1855) e ''Wives and Daughters'' (1865).

Unha das súas novelas curtas, ''A curmá Phillis'' publicouse en galego en 2022, na tradución dende o inglés de María Reimóndez. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Elizabeth Gaskell', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1