Fiódor Dostoievski

dereita Fiódor Mikhailovich Dostoievski (en ruso Фёдор Миха́йлович Достое́вский), nado en Moscova o 11 de novembro de 1821 e finado en San Petersburgo o 9 de febreiro de 1881, foi unha das máis importantes personalidades da literatura rusa. A súa obra tivo un efecto profundo e perdurable na literatura do século XX.

As súas novelas mostran a miúdo personaxes vivindo en condicións sociais e mentais extremas, e exploran a psicoloxía humana, analizando a un tempo a situación política, social e moral da Rusia do seu tempo. É considerado por algúns intelectuais como o precursor do existencialismo polas súas ''Memorias do subsolo'', segundo Walter Kaufmann "a mellor abertura para o existencialismo que se escribiu nunca".

É considerado un dos máis grandes escritores de Occidente e da literatura universal. Del dixo Friedrich Nietzsche: «Dostoievski, o único psicólogo, por certo, do cal se podía aprender algo, é un dos accidentes máis felices da miña vida». José Ortega y Gasset escribiu: «En tanto que outros grandes declinan, arrastrados cara ao ocaso pola misteriosa resaca dos tempos, Dostoievski instalouse no máis alto».

A bibliografía de Fiódor Dostoievski consta de trece novelas, tres novelas curtas, dezasete contos e moitas outras obras. Os seus escritos foron moi lidos tanto dentro como fóra da súa Rusia natal e influíron nun número igualmente grande de escritores posteriores, entre eles rusos como Aleksandr Solzhenitsyn e Anton Chekhov, os filósofos Friedrich Nietzsche, Albert Camus e Jean-Paul Sartre, e o xurdimento do existencialismo e o freudianismo. Os seus libros traducíronse a máis de 170 idiomas e serviron de inspiración para moitas películas.

Obras súas traducidas á lingua galega son ''A lenda do gran inquisidor'' (Xerais, 1998; traducida por Alexandra Koss), ''Crime e castigo'' (Editorial Galaxia, 2003; traducida por Ekaterina Guerbek) e o relato "Un nadal e unha voda", incluído no volume ''O conto ruso do XIX. De Puxquin a Tolstói'' (Ir Indo, 1997). Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 52 for search 'Fiodor Dostoievski', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20