Francesco Tonucci
Francesco Tonucci, nado en Fano en 1940, tamén coñecido polo alcume de "Frato", é un pensador, psicopedagogo e debuxante italiano impulsor de ''La città dei bambini'' (''A cidade dos nenos'') desde a área de psicoloxía e [https://www.cnr.it/ cognición] en que traballa. Promoveu diversas iniciativas para fomentar a participación de nenos, como o camiño escolar ou o consello da infancia''.'' Declárase admirador de Gianni Rodari e amante da arte.Desenvolve o seu labor no Instituto de Ciencias e Tecnoloxías Cognitivas de Roma desde 1966 e está centrado no desenvolvemento cognitivo, no pensamento e no comportamento dos nenos.
Foi investido como doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en maio de 2024 no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia e asesorou o Concello de Pontevedra para se integrar no proxecto da "Rede de cidades dos nenos e das nenas", ao que logo se sumou a Deputación provincial de Pontevedra. Provided by Wikipedia
-
1
-
2
-
3
-
4
-
5
-
6