Gil Vicente

Guimarães: un dos lugares que reclama ser o berce do dramaturgo. Gil Vicente, nado cara a 1465 e finado cara a 1536, foi o primeiro gran dramaturgo portugués, alén de poeta de renome. En canto home de teatro, parece ter tamén desempeñado as tarefas de músico, actor e director. Puido ser tamén balanceiro e hai quen o identifica co ourive autor da Custodia de Belém e co mestre de Retórica do rei Manuel I de Portugal. É frecuentemente considerado o pai do teatro portugués, ou mesmo do teatro ibérico, xa que tamén escribiu en castelán, partillando a paternidade da dramaturxia española con Juan del Encina.

A obra vicentina tense como reflexo da mudanza dos tempos e da pasaxe da Idade Media para o Renacemento, transición entre unha época na que as xerarquías e a orde social se rexían por regras inflexíbeis e unha nova sociedade na se comeza a cuestionar e subverter a orde instituída. Foi, de feito, o principal representante da literatura renacentista portuguesa, anterior a Camões, incorporando elementos populares na súa escrita, a cal influenciou, pola súa vez, a cultura popular portuguesa. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 182 for search 'Gil Vicente', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20