miniatura|300px|Sede do Instituto Goethe en Múnic.
O Goethe-Institut (en galegoInstituto Goethe) é unha institución alemá sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é divulgar polo mundo, en especial en países non falantes de alemán, a lingua e a cultura de Alemaña. A súa principal actividade é o ensino da lingua alemá como segundo idioma, mentres que o seu segundo obxectivo é o de fortalecer as relacións culturais internacionais de Alemaña.