Italo Svevo

Italo Svevo, pseudónimo de Aron Hector Schmitz, nado en Trieste o 19 de decembro de 1861 e finado en Motta di Livenza o 13 de setembro de 1928, foi un destacado escritor e dramaturgo italiano.

Foi un autor con fortes vencellos coa cultura centroeuropea, de tal modo que tras o seu nome de pluma se agocha unha homenaxe respectivamente ás culturas italiana e á alemá, como proba da mestizaxe característica da súa vila natal, Trieste.

Empregado de banca, iniciouse na escritura con artigos e relatos. No ano 1892 escribiu a súa primeira novela, ''Una vita'', á que seguiron ''Senilità'' (1898) e a que talvez sexa a súa obra máis soada, ''La coscienza di Zeno'' (1923), textos cos que atraeu o interese da crítica principalmente póstuma.

Seguidor dos escritores realistas franceses, Svevo introduciu na literatura italiana unha visión analítica do real, no que outurga un gran peso á conciencia. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 15 results of 15 for search 'Italo Svevo', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15