Júlio Dantas

Julio Dantas e [[Ramón Cabanillas Júlio Dantas Lagos, nado o 19 de maio de 1876 e finado en Lisboa o 25 de maio de 1962, foi un escritor, xornalista, diplomático e político portugués.

Na súa actividade intelectual foi un polígrafo, cultivando os máis variados xéneros literarios, da poesía á novela e ao xornalismo, mais foi como dramaturgo que ficou máis coñecido, en particular pola súa peza ''A Ceia dos Cardeais'' (1902), unha das máis populares producións teatrais portuguesas de sempre. Na política foi deputado, Ministro da Instrución Pública e Ministro dos Negocios Estranxeiros (1921-1922 e 1923), terminando a súa carreira pública como embaixador de Portugal no Brasil (1941-1949). Considerado retrógrado por algúns intelectuais da época, como foi o caso de Almada Negreiros, que escribiu o ''Manifesto Anti-Dantas'', moi polémico, conseguiu granjear durante a vida grande prestixio social e literario, prestixio que decaeu tras a súa morte. Foi elixido socio da Academia de Ciencias de Lisboa (1908), institución a que presidiu a partir de 1922. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 69 for search 'Júlio Dantas', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20