Jorge Luis Borges

Mapa da Cidade de [[Buenos Aires Jorge Francisco Isidoro Luis Borges Acevedo (), nado en Buenos Aires, Arxentina, o 24 de agosto de 1899 e finado en Xenebra, Suíza, o 14 de xuño de 1986 foi un escritor arxentino. Foi coñecido especialmente polos seus contos e ensaios e a súa destacada obra poética. A súa obra, fundamental na literatura e o pensamento universal, ademais de obxecto de minuciosas análises e múltiples interpretacións, exclúe todo dogmatismo.

Ontoloxías fantásticas, xenealoxías sincrónicas, gramáticas utópicas, xeografías novelescas, múltiples historias universais, bestiarios lóxicos, éticas narrativas, matemáticas imaxinarias, dramas teolóxicos, invencións xeométricas e recordos inventados son parte da inmensa paisaxe que, nas súas obras, Borges ofrece tanto aos estudosos como ao lector non especializado. Sobre todo, a filosofía, concibida como perplexidade; o pensamento como conxectura, e a poesía, a forma suprema da racionalidade. Aínda que foi un literato puro, é preferido por semióticos, matemáticos, filólogos, filósofos e mitólogos, xa que Borges ofrece —a través da perfección da súa linguaxe, dos seus coñecementos, do universalismo das súas ideas, da orixinalidade das súas ficcións e da beleza da súa poesía— unha obra que fai honra á lingua española e ao pensamento universal.

A súa relación coa literatura comezou a moi temperá idade; aos catro anos xa sabía ler e escribir. Diría, xa con 71 anos, que «''Se tivese que sinalar o feito capital da miña vida, diría a biblioteca do meu pai. En realidade, creo non saír nunca desa biblioteca. É coma se aínda a estivese vendo… recordo con nitidez os gravados en aceiro da Chambers's Encyclopaedia e da Británica''».

Galardoado con numerosos premios, foi tamén polémico polas súas posturas políticas de corte conservador (dereitista), que puideron ser óbice para gañar o Premio Nobel de Literatura, ao que foi candidato durante case trinta anos.

Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 81 for search 'Jorge Luis Borges', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20