Juan Luis Cebrián

Cebrián (dereita) no evento Global Governance, Cidade de México. miniatura|240px|Cebrián (dereita) no evento Global Governance, Cidade de México. Juan Luis Cebrián Echarri, nado en Madrid o 30 de outubro de 1944, é un xornalista, escritor e empresario español. Dende 1997, é académico da Real Academia Española.

Cursou estudos de humanidades na Universidade Complutense de Madrid e graduouse na Escola Oficial de Xornalismo de España en 1963, ós 19 anos. Entrou a traballar como redactor xefe en ''Pueblo'', o diario vespertino do Movimiento que dirixía o íntimo amigo do seu pai Emilio Romero. Tras ocupar o cargo de subdirector en ''Pueblo'', pasou a ''Informaciones''. Tamén participou na fundación da revista ''Cuadernos para el diálogo'' en 1963. En 1974, foi nomeado xefe dos servizos informativos de RTVE polo último goberno da ditadura franquista.

Foi director-fundador do diario ''El País'', que dirixiu dende 1976 até novembro de 1988. De 1986 a 1988 desempeñou o posto de presidente do Instituto Internacional de Prensa (IPI). En novembro de 1988, deixou a dirección do diario para facerse cargo da súa empresa. Dende entón, é conselleiro delegado do Grupo PRISA e do propio xornal, vicepresidente da Sociedade Española de Radiodifusión e de Prisa TV, empresa da que foi conselleiro delegado dende a súa fundación (1989) até 1999. No 2008, asumiu o cargo de presidente executivo do grupo. Tamén é membro do Grupo Bidelberg. En abril de 2011, asumiu como presidente executivo e delegado da área de prensa e conselleiro delegado do País. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 6 results of 6 for search 'Juan Luis Cebrián', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6