Michèle Petit

Michèle Petit, nada en París en 1946, é unha antropóloga francesa.

Traballa como investigadora da Universidade de París 1 e é membro honorario do laboratorio LADYSS (Laboratorio de dinámicas sociais e recomposición dos espazos) do Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS) en Francia. O devandito laboratorio dedícase ao uso das prácticas culturais e artísticas dos espazos en crise.

As súas principais liñas de investigación son a lectura e a súa función na construción ou reconstrución da identidade, así como os espazos de lectura. Publicou distintas obras a partir das súas reflexións e investigacións e foi convidada a diversos seminarios e congresos en varios países, particularmente en América Latina. En 2018 é considerada unha das maiores autoridades sobre a lectura no mundo. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 3 results of 3 for search 'Michèle Petit', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3