One Direction

One Direction (tamén coñecidos como 1D) é unha banda xuvenil anglo-irlandesa de pop establecida en Londres, composta por Niall Horan, Liam Payne, Harry Styles e Louis Tomlinson; o antigo membro, Zayn Malik deixou o grupo en marzo de 2015. Asinaron co selo discográfico de Simon Cowell Syco Records despois de acabar terceiros na versión británica do programa The X Factor en 2010. Contan cun grande éxito internacional, e lanzaron cinco álbums ó mercado ''Up All Night'' (2011), ''Take Me Home'' (2012), ''Midnight Memories'' (2013), ''Four'' (2014) e Made in the A.M. (2015) cos cales bateron récords, estiveron na maioría das listas musicais, e deron sinxelos exitosos como "What Makes You Beautiful", "Live While We're Young", "Story of My Life" e "Steal My Girl". Dende xaneiro de 2016, a banda iniciou un hiato indefinido e cada un dos membros continuou unha carreira en solitario. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 2 results of 2 for search 'One Direction', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2