Paul Langevin
Paul Langevin, nado en París o 23 de xaneiro de 1872 e finado o 19 de decembro de 1946, foi un físico francés que desenvolveu as dinámicas de Langevin e a ecuación de Langevin.Langevin estudou na ''École de Physique et Chimie'' e na ''École Normale Supérieure''. Estivo despois na Universidade de Cambridge e estudou no Laboratorio Cavendish baixo J. J. Thomson. Volveu á Sorbona e obtivo o seu doutoramento baixo a dirección de Pierre Curie en 1902. En 1904 comezou a traballar de profesor de física no ''Collège de France''. En 1926 pasou a ser o director da ''École de Physique et Chimie''. En 1934 foi nomeado membro da Académie des sciences.
Foi un dos fundadores do ''Comité de vigilance des intellectuels antifascistes'', unha organización antifascista creada trala crise do 6 de febreiro de 1934. Foi tamén presidente da Liga de Dereitos Humanos en Francia dende 1944 ata 1946, uníndose tamén ó Partido Comunista Francés. O goberno de Vichy mantívoo baixo arresto domiciliario durante gran parte da segunda guerra mundial. Provided by Wikipedia
-
1
-
2
-
3