Robin Williams

Robin McLaurin Williams, nado en Chicago, Illinois o 21 de xullo de 1951 e finado en Paradise Cay, California o 11 de agosto de 2014, foi un comediante e actor estadounidense. Acadou a fama co papel do alieníxena Mork na ''Mork & Mindy'' (1978–1982), e labrou unha exitosa carreira como cómico e actor de cine. A súa carreira cinematográfica inclúe filmes como ''The World According to Garp'' (1982), ''Good Morning, Vietnam'' (1987), ''Dead Poets Society'' (1989), ''Espertares'' (1990), ''The Fisher King'' (1991) e ''Good Will Hunting'' (1997), así como éxitos de recadación como ''Popeye'' (1980), ''Hook, o capitán Garfo'' (1991), ''Aladdin'' (1992), ''Mrs. Doubtfire'' (1993), ''Jumanji'' (1995), ''Unha gaiola de grilos'' (1996), ''Night at the Museum'' (2006), ''Happy Feet'' (2006), e ''Happy Feet Two'' (2011). Tamén apareceu no "Don't Worry, Be Happy" de Bobby McFerrin.

Nomeado ó Óscar ó mellor actor por tres veces, Williams recibiu o Óscar ó mellor actor secundario pola súa interpretación en ''Good Will Hunting''. Tamén gañou dous Premios Emmy, catro Globos de Ouro, dous Premios Screen Actors Guild e cinco Premios Grammy.

O 11 de agosto de 2014, Williams foi atopado inconsciente na súa residencia do Paradise Cay, California e foi declarado morto no lugar. Segundo a oficina do forense do Condado de Marin, a causa da morte foi suicidio por asfixia. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 7 results of 7 for search 'Robin Williams', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
    por realizado por Mark Romanek
    Publicado 2003
    Outros autores: ...actor Robin Williams...
    Ver na biblioteca
  4. 4
    por realizado por George Miller
    Publicado 2012
    Outros autores: ...interpretes Robin Williams, Elijah Wood, Brad Pitt...
    Ver na biblioteca
  5. 5
    por realizado por George Miller
    Publicado 2012
    Outros autores: ...interpretes Robin Williams, Elijah Wood, Brad Pitt...
    Ver na biblioteca
  6. 6
    por realizado por George Miller
    Publicado 2012
    Outros autores: ...interpretes Robin Williams, Elijah Wood, Brad Pitt...
    Ver na biblioteca
  7. 7
    por realizado por George Miller
    Publicado 2006
    Outros autores: ...interpretes Robin Williams, Brittany Murphy, Hugh Jackman, Nicole Kidman...
    Ver na biblioteca