Thomas Wolfe

Thomas Clayton Wolfe, nado en Asheville (Carolina do Norte) o 3 de outubro de 1900 e finado en Baltimore (Maryland) o 15 de setembro de 1938, foi un importante novelista estadounidense do inicio do século XX.

Thomas escribiu catro longas novelas, alén de varios contos, traballos dramatúrxicos e outras novelas. É coñecido por mesturar prosa extremadamente orixinal, poética, musical e impresionista coa escrita autobiográfica. Os seus libros reflicten vividamente a cultura americana e demais temas do período, aínda que filtrados pola perspectiva sensíbel, sofisticada e super-analítica de Thomas. Foi moi famoso en vida.

Despois da morte de Wolfe, o seu principal contemporáneo, William Faulkner, dixo que Thomas podería ter sido o mellor talento da súa xeración. A influencia de Wolfe esténdese aos escritos do famoso autor beat Jack Kerouac, Ray Bradbury e Philip Roth, entre outros. Continua sendo un dos máis importantes autores na literatura americana, considerado o escritor máis famoso de Carolina do Norte. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 9 results of 9 for search 'Thomas Wolfe', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9