Jean Henri Dunant
Henri Dunant ou Henry Dunant, nado en Xenebra o 8 de maio de 1828 e finado en Heiden, Suíza, o 30 de outubro de 1910, foi un home de negocios e activista social suízo. Durante unha viaxe de negocios en 1859, coñeceu as secuelas da batalla de Solferino na Italia da época. Escribiu as súas memorias e experiencias no libro ''A Memory of Solferino'' (''Un recordo de Solferino''), que foi a inspiración para crear a Cruz Vermella Internacional. En 1864 a Convención de Xenebra baseouse nas ideas de Dunant e, en 1901, recibiu o primeiro Premio Nobel da Paz canda Frédéric Passy. Provided by Wikipedia-
1